¹ Backups: posibilidade de recuperar versións anteriores de ficheiros e bases de datos, suxeita ás limitacións do servizo de hosting contratado.
² Atención prioritaria: resposta preferente para urxencias.
³ Actualizacións: priorízanse as de seguridade, sempre que non comprometan o correcto funcionamento da plataforma.
⁴ Prioridade en peticións extra: para solicitudes relativas a outros proxectos.
⁵ Melloras: estudo e, cando sexa posible, aplicación de melloras de rendemento, seguridade e privacidade.
⁶ Anomalías: identificación periódica de anomalías e/ou vulnerabilidades.
⁷ Search Console: alta e revisión periódica para identificar posíbeis melloras.
⁸ Asesoramento en servizos de terceiros: consultoría para a contratación de servizos ou ferramentas tecnolóxicos de terceiros; unicamente mentres non se esgote a cota de horas mensual.
⁹ SSL: comprobación da validez do certificado activo e do estado das redireccións; avisaremos da renovación ao achegarse a caducidade.
¹⁰ Desconto: rebaixa en orzamentos para o desenvolvemento de tarefas non incluídas no plan elixido.
Condicións
CTO_MODE™ (Chief Technology Officer Mode) é un modelo de colaboración de alta implicación no que Tum de dum asume a dirección técnica do proxecto.
Tum de dum resérvase a posibilidade de axustar as tarifas anualmente en función do IPC.
Os estudos e melloras mensuais dependen das horas contratadas; priorízanse os temas de mantemento e seguridade.
Duración mínima: 12 meses para STARTER e PROFESSIONAL, 6 meses para BUSINESS.